MEMORIA DESCRIPTIVA DA ENTIDADE
NOME: Escudería Augas Termais de Cortegada.
FECHA E NUMERO DE ALTA XUNTA DE GALICIA: 6774
FECHA E NUMERO DE ALTA NA F.G.A.: 177
A Escudería Augas Termais de Cortegada ven realizando con asuidade e firmeza dende o ano 2001 probas de todo tipo no ambito do automobilismo.
Entre os eventos de mayor importancia e organizados por esta entidade figuran: oito edicións da prestixiosa Subida a Vila de Cortegada realizadas entre o ano 2001 e ó ano 2008 alcanzando xa no segundo ano o máximo coeficiente organizativo otorgado pola Federación Galega de Automobilismo logro que tamen se acadou nos anos: 2003,2004 e 2006 e 2007. Recibindo en tres de estas ocasions o premio a mellor proba de Galicia.
Estes logros provocaron que membros da comisión de montaña da Federación Española de Automovilismo nos solicitasen en varias ocasións o realizar esta proba dentro do calendario do Campionato de España de Montaña, o cal foi rechazado en varias ocasions por nosa parte por motivos deportivos ainda que contábamos cos medios e a capacidade organizativa. Sendo no 2008 cando nos decidimos a dar ese salto a máxima categoría nacional da especialidade e solicitamos a pertinente preinspeccion a RFEDA.
No ano 2009 esta entidade trouxo ata a provincia de Ourense a puntuabilidade para o Campeonato de España de Montaña, despois de mais de 30 anos sen que fora así.
Esta Escudería tamen iniciou no ano 2005 a organización de probas da categoría de Slalom, organizando no dito 2005 a primeira edición do Slalom Vila de Cortegada e organizando no ano 2006 catro edicións mais (ese ano esta entidade sacou adiante a organización de cinco probas).
Dende o ano 2002 a Escuderia Augas Termais de Cortegada ven realizando polo nadal, a coñecida Gala de Nadal de Automobilismo, a cal ten como obxetivo premiar os pilotos, equipos, patocinadores, organizadores e institucións que por meritos deportivos destacaron sobre maneira durante o ano en cuestión. |